Leo Harlem y Amigos

Publicado: Venres 26 Outubro 2012
Area: Cultura Eventos

Benvidos ao novo espectáculo de Leo Harlem! Novos textos, novos amigos, máis risas…. Imaxínanse?

Imaxínanse…

…que alguén fóra capaz de xuntar os cómicos con máis talento deste país?

Imaxínanse…

…que os mellores guionistas da radio e a televisión españolas embarcásense na aventura

O espectáculo terá lugar o sábado 10 de novembro ás 20.30h. As entradas, a un único prezo de 12 euros, pódense adquirir anticipadamente: na Oficina de Cultura de 9h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, en www.ticketea.com e no auditorio o mesmo día da actuación.

Neste espectáculo Leo Harlem estará acompañado do seu amigo Sinacio.

Sinacio, con tan só vinte anos, funda o trío de maxia cómica Tri-Quarttet-Five co que obtén, entre outros galardóns, o Gran Premio do Congreso Nacional de Maxia. O éxito deste grupo ábrelle as portas da TV á que chega como guionista e despois como presentador. Ademais é tamén actor de teatro.