La Traviata

Publicado: Xoves 11 Febreiro 2016
Area: Cultura

cartel anunciador LA TRAVIATA MOLDAVIALA TRAVIATA, ópera en tres actos de Giuseppe Verdi. O texto da obra é de Francesco Maria Piave, está basada na novela de Alexandre Dumas (fillo) La dama de las camelias. Foi estreada no teatro La Fenice de Venecia no 1853.

Ópera da que poderemos gozar o mércores  9 de marzo ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez.

Prezo da entrada: anticipada 12€ e en taquilla 15€.

As entradas xa están a venda na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17.30 h a 21h , e no auditorio o mesmo día da actuación.