La noche del Gospel, ABA TAANO

Publicado: Venres 6 Marzo 2015
Area: Cultura Eventos

“La Noche del Góspel” terá lugar o sábado 14 marzo ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez, o prezo da entrada é de 8€,  en forma de donativo para este acto solidario.
Tratase dun extraordinario concerto de góspel a cargo do grupo Aba Taano, pertencente a ONG Música Para Salvar Vidas. MPSV é un proxecto humanitario que axuda a nenos e nenas ugandeses a crear un futuro digno por medio da música e a danza.
Aba Taano son profesionais da voz, concretamente un sexteto a capella, coñecidos tanto a nivel nacional como internacional grazas ás súas increíbles voces e ás súas numerosas e importantes xiras.
As entradas estarán a venda só o día da actuación, a partir das 17.00h na taquilla do Auditorio Carmen Estévez.