La Damoiselle Élue, Suor Angelica de Puccini

Publicado: Luns 28 Maio 2012
Area: Cultura Eventos

Función da ópera de Puccini: SUOR ANGELICA e do  oratorio de Debussy: LA DAMOISELLE ELUE por parte dun grupo de solistas de recoñecido prestixio internacional como son a contralto navarra Francisca Beaumont e a soprano galega Laura Alonso Padín.
Estarán acompañadas polo coro lírico Gregorio Baudot e a  directora será Cristina Taboada.
O venres  día 8 de xuño no Auditorio de Vilalba CARMEN ESTÉVEZ  ás oito e media da tarde, con entradas a 10€.

As entradas xa están a venda na Oficina de Cultura de 10h a 15h, e na Casa da cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h.

Para obter máis información prema: DEBUSSY ANGELICA