IV Noite de San Xoan

Publicado: Venres 15 Xuño 2012
Area: Cultura Eventos

O sábado 23 de xuño celebramos a “IV Noite de San Xoán”, cunha “Gran sardiñada”,  que dará comezo ás 21.00h na Praza de Sta. María  coa degustación de sardiñas, pan, liscos, cervexa, viños, …  típico desta noite e posteriormente o conxuro da queimada e a espantada das meigas ás 00.00h, todo isto amenizado coas actuacións da Escola de Teatro, Entre Lusco e Fusco e Sintonía de Sancovade.