Intergalnet

Publicado: Xoves 7 Novembro 2013
Area: Cultura Eventos

O Concello de Vilalba invítate a Intergalnet.

Se queres asistir á Feira do Ocio Electrónico Intergalnet, que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo os próximos 15, 16 e 17 de novembro, só tes que pasarte pola Casa da Cultura nos seguintes horarios e poderás inscribirte totalmente gratis:

Luns a xoves: 11:00-13:00 e 17:00-20:00

Venres: 11:00-13:00 e 18:00-20:00

Sábados: 11:00-13:30

Date presa porque só hai 25 prazas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición.
O prazo para apuntarse finaliza o venres 15 ás 13:00.
Máis información sobre Intergalnet en www.intergalnet.com