Insastisfechas

Publicado: Venres 17 Abril 2015
Area: Cultura

Insatisfechas-cartelINSATISFECHAS obra de Juan Luis Iborra e Sonia Gómez Gómez, chega o auditorio Carmen Estévez o vindeiro 10 de maio ás 20.00h.

Despois do éxito de Nin para ti nin, unha obra escrita por encargo de Miriam Díaz Aroca e Belinda Washington, xorde Insatisfeitas.

A primeira era unha comedia de “teléfono negro”, esta é unha comedia de barrio en tempos de crise. Pretendese interiorizar un pouco máis nos personaxes, facelos máis próximos, coas súas miserias ao descuberto e as súas virtudes por descubrir.

Esta vez non están soas. Estan acompañadas dun terceiro personaxe, un home que como elas é un pobre desgraciado que só trata de sobrevivir. A súa aparición na vida destas dúas mulleres converte a obra nun enredo ao puro estilo vodevil.

Un xogo teatral que esconde a insatisfacción duns personaxes que pretenden retratar a unha xeración que se sente estafada: todo se podía conseguir, os sonos podíanse cumprir… E que pasa cando non é así?

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20.00h

Prezo: 12 € anticipada e 15€ en taquilla.

Venda de entradas: Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h , e no auditorio o mesmo día da actuación.

Obra non recomendada para menores de 13 anos.

Para máis información prema en : INSATISFECHAS Sinopse