Información sobre o cobro de vados do ano 2015

Publicado: Martes 13 Xaneiro 2015
Area:

INFORMACIÓN SOBRE O COBRO EN PERIODO VOLUNTARIO

DAS TAXAS MUNICIPAIS POR RESERVAS DE ESPACIO DE USO PÚBLICO – VADOS 2015

 

 

Unha vez que se aprobou o padrón das taxas polas reservas de espacio de uso público (vados) correspondentes ó exercicio 2015, publicado no BOP núm. 299 do 31/12/2014, infórmase que o período voluntario do cobro da dita taxa será de UN MES, concretamente entre os días 2/01/2015 e 2/02/2015, ambos os dous incluidos. As taxas que non estean domiciliadas, haberán de ser abonadas na recadación municipal en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, e unha vez que finalice o dito prazo, as taxas non abonadas pasarán á vía executiva de apremio segundo o Regulamento xeral de recadación.

 

Vilalba, 12 de xaneiro do 2015

O alcalde. Gerardo Criado Guizán