Información das Solicitudes de Exención do IMVTM

Publicado: Venres 20 Outubro 2017
Area:

INFORMACIÓN PÚBLICA

Faise público que o Pleno, na súa sesión celebrada o día 31/07/2017, modificou a ordenanza fiscal nº 5 reguladora do imposto de vehículos neste Concello, no suposto da exención deste imposto a persoas con discapacidade, ó respecto da obligaroriedade, do prazo e das condicións.

Únicamente terán que presentar a solicitude de exención do imposto por minusvalía, despois de cumprir cos requisitos establecidos nos arts. 4 bis e 4 ter da dita ordenanza, as persoas NON beneficiarias da exención no ano 2017, e deberán facelo antes do 31/12/2017, aportando copia do DNI e do certificado de minusvalía, así como a documentación acreditativa do vehículo e da súa titularidade.

Os trámites para solicitar a exención deberán realizarse ante a Deputación provincial, como ente xestor do dito imposto, ben on line (www.deputacionlugo.org), ben persoalmente no dito organismo.

No caso das persoas beneficiarias da exención no ano 2017, esta manterase para exercicios posteriores, no caso de que o carácter da minusvalía fora definitivo; no caso de validez non definitiva, a exención manterase presentando un novo certificado da discapacidade prorrogado.

Vilalba, 19 de outubro do 2017

O alcalde. Agustín Baamonde Díaz