INCUBADORA DE PROXECTOS

Publicado: Martes 10 Marzo 2015
Area: Cultura Eventos

SKMBT_C22015030410120A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa de educación non formal “Incubadora de Proxectos”.

Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal da mocidade.

Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, estudantes e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.

Estas xornadas levaranse a cabo o 17 de abril ás 17.00h na Casa da Xuventude.
Para a súa realización será necesario que haxa un mínimo de 10 mozos/as inscritos. Os interesados que queiran asistir, poden inscribirse en calquera destes puntos: na oficina de Cultura do Concello, na Casa da Cultura e na Casa da Xuventude.

 Para consultar o díptico prema: Díptico