III Ciclo de Novos Intérpretes

Publicado: Luns 20 Outubro 2014
Area: Cultura

Co obxecto de impulsar a carreira artística dos novos instrumentistas, a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba (Lugo) en colaboración coa Deputación de Lugo, a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e o Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, organiza o III Ciclo de Novos Intérpretes.

Este ciclo está dirixido a Solistas ou Grupos de Cámara. As salas de concerto non dispoñen de piano, co que as propostas enviadas non poden contar con este instrumento.

Desenvolverase durante os meses de Novembro e Decembro de 2014.

Os interesados deberán enviar as súas solicitudes antes do 15 de Novembro de 2014 á Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba, Apartado de Correos Nº37, 27800 Vilalba (Lugo); ou o correo electrónico: bandavilalba@hotmail.com

A documentación será devolta aos interesados que así o soliciten unha vez finalice o proceso de selección.

Para máis información pode consultar o tríptico: III Ciclo de Novos Intérpretes