II SÁBADOS DE TEATRO.

Publicado: Mércores 11 Outubro 2017
Area: Cultura Eventos

Durante tres sábados do mes de outubro e un venres do de novembro, poñeranse en escea de catro grupos teatrais distintos. Para esta actividade, o IESCHA conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, acolléndose ao seu proxecto global de teatro Buxiganga’2017 (nas dúas primeiras actuacións).

O programa completo, consta das seguintes representacións e grupos que terán lugar no auditorio Carmen Estévez:

-Sábado, 14 de outubro, ás 20,00 horas, o grupo Debulla Escénika porá en escea a obra “Perversóns”.

-Sábado, 21 de Outubro, Ás 20,00 Horas, O Grupo Nostrum Cai porá en escea a obra “Alba. A Casa Pechada.”

-Sábado, 28 de Outubro, Ás 20,00 Horas, O Grupo Fantoches Baj porá en escea a obra “As Pombas do Carboeiro”, coa participación da Banda de Música de Vilalba.

-Venres, 3 de Novembro, Ás 20,00 Horas. O Grupo Escola Municipal de Teatro de Vilalba porá en escea a obra “Vodas de Sangue”.

A entrada a todas as funcións será libre e gratuíta.

Organiza: IESCHA

Colabora: Concello de Vilalba