II CONGRESO LUCENSE DE MEDIO AMBIENTE LVII CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL

Publicado: Venres 24 Febreiro 2017
Area: Cultura Eventos

 “II CONGRESO LUCENSE DE MEDIO AMBIENTE – LVII CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL” (28 horas lectivas) terá lugar no Auditorio municipal de Vilalba, e contará coa presencia de 35 expertos de recoñecido prestixio nos seus respectivos campos de actuación.

As datas de celebración son: 20 a 23 marzo de 2017.

Esta iniciativa forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2020.

Número de prazas: 100, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
__Cota de inscrición: gratuita.

__Forma de inscrición: cubrir o boletín de inscrición, que deberá achegar e presentarase/enviarase por correo electrónico á Secretaría Técnica (cultura@vilalba.es / adl@vilalba.es). O prazo para formalizar a inscrición xa está aberto, fixándose a data límite de formalizala o venres día 17 de marzo as 14.00 horas.

Pode obter a folla de inscrición no link: Boletín de inscrición

Para obter máis información sobre o programa prema en: Programa