II CARREIRA POPULAR DAS LETRAS GALEGAS – 14 de maio 2011

Publicado: Sábado 14 Maio 2011
Area: Deportes Eventos

Xa está aberto o prazo de inscrición na II edición da carreira popular das Letras Galegas que se celebrará en Vilalba o vindeiro sábado 14 de maio de 2011.

Os adultos deben inscribirse a través da páxina web www.championchipnorte.com, ou ben na Oficina de Deportes do Concello. A cota de inscrición é de 2 € para os propietarios do chip e de 3 € para os non propietarios. Estes últimos deberán aboar unha fianza de 10 € ao inicio da proba que lles será devolta cando finalice a carreira e devolvan o chip

Como novidade, os e as participantes nas categorías menores tamén serán cronometradas polo que tamén deberán aboar unha fianza de 10 € o día da carreira. Nembargantes, a inscripción dos nenos/as e mozos/as menores de 17 anos é gratuita. Poden formalizar a inscrición cos mestres/as e profesores/as de E.F. dos distintos centros educativos de Vilalba ou ben na Oficina de Deportes do Concello e tamén a través do correo deportes@vilalba.org

As probas das categorías menores darán comezo as 16:00 horas e categoría absoluta as 17:00 horas. Tódolos participantes poderán recoller os chips a partir das 14:00 horas do sábado 14 de maio. No link Regulamento 2011, tedes todo o referente a carreira, dende os percorridos, categorías, zonas de avituallamiento, ata un plano das zonas de interese.

 Regulamento_2011