II CARREIRA-ANDAINA SAN SILVESTRE VILALBESA 2016

Publicado: Martes 13 Decembro 2016
Area: Deportes

O vindeiro 31 de decembro despediremos o ano dunha forma lúdica e activa, celebrando esta II edición da Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2016. Os nenos correrán a partir das 16:00 e os adultos a partir das 17:00 horas.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 14 ata o 28 de decembro, en: https://championchipnorte.com/evento/detalle/page/2/id/1015/ii-carreira-andaina-san-silvestre-vilalbesa, ou de forma presencial na oficina de deportes do Concello de Vilalba.

Para consultar o regulamento da proba preme na seguinte ligazón: REGULAMENTO_SAN SILVESTRE_2016