I Premio Agustín Fernández Paz

Publicado: Luns 24 Abril 2017
Area: Cultura Eventos

O Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade está promovido polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba na honra de Agustín Fernández Paz, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.

Neste concurso poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade…

Premio: 3.000€

Prazo de presentación de orixinais: do 23 de abril ao 12 de xullo de 2017.

Para consultar as bases do concurso:BASES CONCURSO