I GALA DO DEPORTE 2016

Publicado: Venres 2 Decembro 2016
Area: Deportes Eventos

cartel-i-gala-do-deporteA Concellería de Deportes do Concello de Vilalba, organiza a I Gala do Deporte Municipal que se celebrará, o vindeiro xoves 8 de decembro a partir das 12:00 horas, no auditorio municipal Carmen Estévez.

Esta Gala do Deporte nace coa idea de premiar a deportistas, técnicos, entidades deportivas e figuras importantes na labor de fomento/promoción do deporte e da actividade física na nosa localidade, durante a tempada 2015/2016.

Repartiránse un total de 12 mencións especiais e 12 premios en cada unha das categorías establecidas nas bases. Pódense consultar a relación de nominados e o pograma da Gala nos seguintes documentos.

programa_gala_diptico

relacion_nominados_gala