I Ciclo Música na praza.

Publicado: Venres 19 Maio 2017
Area: Cultura Eventos

A primeira edición de música na praza que se levará a cabo este verán en Vilalba, ten como marco escénico as distintas prazas da vila e comprende once actuacións, nas que participan o Conservatorio de música e da Banda de música de Vilalba. Comenzará o venres 2 de xuño coa actuación do trío de guitarras “pizzicato trío”, na praza de Sta. María.

As actuacións serán todos os venres dos meses de xuño, xullo e agosto.

Todos os concertos serán ás 20:30h.

No caso de condicións meteorolóxicas adversas, as actuacións terán lugar no Centro Cultural e Recreativo con entrada libre e gratuíta.

Para consultar o programa de actuacións: Programación

* Cambios na orde de actuacións: o 28 de xullo actuará a Banda de Vilalba na Praza da Constitución e o 4 de agosto aproyecT na Praza Suso Gayoso.