I CARREIRA SAN SILVESTRE VILALBESA

Publicado: Venres 27 Novembro 2015
Area: Deportes

Cartel_WEBEste fin de ano, dentro da programación de Nadal 2015-16 do Concello de Vilalba, celebrarase a I edición da Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa.

A carreira dos máis pequenos comezará as 16:45 do 31 de decembro, mentres que a carreira absoluta e a andaina comezarán a continuación, as 17:30 aproximadamente. O punto de partida e chegada de todas elas será a Praza da Constitución. Haberá trofeos, agasallos e chocolate con churros para todos/as os/as participantes, sendo a inscrición totalmente gratuita.

O período de inscrición comezará o próximo luns 30 de novembro, ata o 28 de decembro a través da web www.championchipnorte.com, e de forma presencial na oficina de deportes do Concello de Vilalba tamén do 30 de novembro ata o 18 de decembro. Máis información nas seguintes ligazóns e no Servicio Municipal de Deportes.

FORMULARIO INSCRICIÓN

REGULAMENTO_SAN_SILVESTRE_VILALBESA_2015