I ANDAINA POLA IGUALDADE- VILALBA 2017

Publicado: Luns 27 Febreiro 2017
Area: Cultura Deportes Eventos

O Domingo 12 de marzo de 2017, terá lugar a I Andaina pola igualdade organizada polo Concello de Vilalba. A inscrición é GRATUITA  e accesible a tódalas idades, e pódese formalizar dende o 27 de febreiro ata o 9 de marzo polos seguintes medios:

  • Internet: https://goo.gl/G3sKac
  • Presencial: oficina do Centro de Información as Mulleres do Concello de Vilalba (andar baixo) de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00

O evento terá lugar ás 12:45 h da maña, cun percorrido aproximado de 3km 300 metros, con saída e chegada na Praza da Constitución de Vilalba.

Máis información en https://goo.gl/ZIRtzK