Galego de Cine

Publicado: Luns 28 Maio 2012
Area: Cultura Eventos

Xa non cómpre vivir nunha grande cidade para gozar de bos filmes na pantalla grande. Tan só con adentrarse na caravana de Galego de Cine converterémonos en espectadores das mellores curtas infantís en galego.

O visionado irá acompañado de actividades de comprensión das películas e rematarase cun video-matón onde os nenos e nenas crearán a súa propia historia mediante a oralidade, seguindo o modelo.

O revisor das palabras conducirá a actividade, que logo se colgará nas webs www.galegodecine.org e www.youtube.com/galegodecine Rematada a xira, escollerase a mellor das pezas a través dunha votación electrónica. Os gañadores recibirán cadanseu libro do Soldadiño de Chumbo, editado por Galaxia en 2010 e un dvd coa película.

De 6 a 12 anos. O circuíto completo da xornada é de 180 minutos, nos que poderán participar 20 nenos inscritos previamente. O videomatón farase en grupos de 20 atendendo a razóns de idade.

 

Esta actividade terá lugar na Praza da Constitución ás 17h o vindeiro venres 1 de xuño, para participar só tes que cubrir a Inscrición e presentala na Biblioteca.