FINAIS ESCOLARES TERRA CHÁ – FÚTBOL SALA 2017

Publicado: Luns 27 Marzo 2017
Area: Deportes

 

O vindeiro sábado 1 de abril do 2017, Vilalba acollerá as finais de fútbol sala da comarca da Terra Chá, do programa Xogade da Xunta de Galicia. A esta cita acudirán os primeiros 4 equipos clasificados da liga de cada unha das 5 categorías. E a escola deportiva municipal de Vilalba terá representación nas categorías alevín e cadete.

En horario de mañá, dende as 9:30 h., disputaranse as semifinais, repartidas entre o pavillón municipal e o pavillón do A. Insua Bermúdez.

Xa pola tarde no pavillón municipal a partir das 16:00 h., xogaranse as finais.

ORDE DE XOGO:

PAVILLON MUNICIPAL                           PAVILLÓN INSUA BERMUDEZ

9:30h Guitiriz-Vilalba       Cadete                  9:30h Pontenova-Monfero      Cadete

10:30h Guitiriz-Cospeito   Alevín                  10:30h Pontenova-Outeiro      Infantil

11:20h As Pontes-Vilalba  Alevín                   11:30h Pastoriza-Meira           Benxamín

12:10h Guitiriz-Castro       Benxamín            12:20h Pastoriza-Guitiriz         Infantil

13:00h Begonte-Castro     Prebenxamín       13:10h Rábade-Guitiriz            Prebenxamín

16:00 Final Infantil

17:00 Final Benxamín

18:00 Final Prebenxamín

19:00 Final Alevín

20:00 Final Cadete

21:00 Clausura