Festival Solidario de Mans Unidas

Publicado: Mércores 25 Febreiro 2015
Area: Cultura Eventos

MansunidasO vindeiro domingo 1 de marzo no auditorio Carmen Estévez, festival benéfico de «Mans Unidas» ás 20.00h con entrada única de 5€, as entradas xa están a venda  por voluntarios e membros  de Mans Unidas e o mesmo día da actuación a partir das 17.00h en taquilla.

Este festival benéfico pretende recaudar fondos para levar a cabo dous proxectos que se están a desenvolver neste momento: “Ampliación do programa de prevención do tráfico de mulleres” que se levará a cabo en Basalore, distrito de Jaleswar, estado de Odisha, ao nordeste da  India, e a “Compra dunha máquina de Raios X para un hospital rural, Villa María” no condado de Kalungu, distrito de Masaka, ao sueste de Uganda.

Contan coa colaboración do:  grupo de Danza moderna de Vilalba, a máxia de Xóse Manuel Carballo e Oscar Bello, diálogos de Estrella Naseiro e Carmen Gómez Mato, música de Mini e Mero de “Aquenlla”, e presentado por Martiño Maseda e María Xosé Lamas.