Festival Internacional de folclore.

Publicado: Mércores 5 Xullo 2017
Area: Cultura Eventos

Grupos de música e baile tradicional de catro países visitarán Vilalba o domingo 16 de xullo con motivo do Festival Internacional de Folclore que organiza o concello, que contará tamén coa participación dos catro grupos de música tradicional do municipio.

O Festival Internacional de Folclore celebrarase o domingo 16 de xullo a partir das oito e media do serán na praza da Constitución, conta ca participación de:

_ Asociación Cultural ACOIDAN de Tenerife.

_ Danzas e cantares rexionais do Orfeão da Feira de Portugal.

_ Telón Abierto de Cuba.

_ Kyrenia Youth Center Association de Chipre.

_ Buxos Verdes.

_ Asociación Xuvenil “Entre Lusco e Fusco”.

_ Asociación Cultural Andrade.

_ Banda de gaitas Mato Vizoso.

Ás 20:00h participarán nun desfile con saída da praza da Constitución que pasará polas rúas Basanta Silva e rúa da Pravia cunha comitiva de arredor de 300 persoas.

Cara ás oito e media comezará o espectáculo gratuíto na praza da Constitución, e en caso de que o tempo non acompañe, as actuacións trasládanse ao auditorio municipal Carmen Estévez.

Organiza: Concello de Vilalba

Colabora: Deputación de Lugo