Festival das Letras Galegas

Publicado: Xoves 8 Maio 2014
Area: Cultura Eventos

O sábado 17 de maio celebrase o Certame das Letras Galegas que este ano está adicado ao poeta Xosé María Díaz Castro, no acto farase entrega dos premios aos  xoves poetas vilalbeses que resultaron gañadores do certame,  ademáis de contar coa colaboración e participación de Pandereteiras de Andrade, acto que terá lugar no Auditorio Carmen Estévez ás 19.30h.

PREMIADOS NO CERTAME:

Premio “Xosé María Chao Ledo”: Miguel González Montes, co traballo titulado “Castelos de Area”.

Premio “Xosé Lois García Mato”:  Adrian Diaz Villamiel, co traballo titulado “O Castelo Misterioso”.

Premio “Antonio García Hermida”:  Uxía Díaz Lozano, co traballo titulado “Outro Poema dos Dons”.

Premio “Carmiña Prieto Rouco”: Carlota Millor Prado, co traballo titulado “A Aventura do Bosque Máxico ”

Premio “Xosé María Díaz Castro”: Vicente Castro Rico, co traballo titulado “A Primaveira”.

Premio “Manuel Mato Vizoso” quedou deserto.