Festa do queixo de San Simón da Costa

Publicado: Venres 17 Marzo 2017
Area: Cultura

O vindeiro 1 e 2 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XXIII Festa do queixo de San Simón da Costa.

O sábado 1 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Paula gañadora de Master Chef Junior 4, fará un taller de cociña para nenos ás 16:30h na Praza da Constitución o sábado 1 de abril.

A lectura do pregón, a cargo de Pepe Solla que terá lugar ás 19.00h.

Domingo día 2 ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución ata ás 15.00h.
Os horarios da Festa do Queixo serán os segintes:

SABADO DÍA 1 de abril de 11:00 h. a 21:00 h.

DOMINGO DÍA 2 de abril de 10:00 h. a 15:00 h.

Para consultar programa da feira: PROGRAMA

O sábado 1 de abril, teremos dentro do programa da festado queixo ás 20:30h a actuación de Treixadura, no auditorio de Vilalba con entrada única de 3€ e venda anticipada na Casa da Cultura, e posteriormente na taquilla do auditorio.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com