Festa do Queixo de San Simón da Costa

Publicado: Luns 21 Marzo 2016
Area:

Sin títuloO vindeiro 2 e 3 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XXII Festa do queixo de San Simón da Costa.

O sábado 2 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Lukas concursante de Master Chef Junior, fará un taller de cociña para nenos ás 15.00h na Praza da Constitución o sábado 2 de abril, previa inscrición o mesmo día a partir das 14:30h.

Ás 17:30h final do concurso de Tapas.

A lectura do pregón, a cargo do chef  Don Héctor López que terá lugar ás 19.00h.

Domingo día 3 ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución ata ás 15.00h.
Os horarios da Festa do Queixo serán os segintes:

SABADO DÍA 2 de abril de 11:00 h. a 21:00 h.

DOMINGO DÍA 3 de abril de 10:00 h. a 15:00 h.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com