Festa do Queixo de San Simón da Costa

Publicado: Xoves 26 Marzo 2015
Area: Cultura Eventos

13757_963789680298064_7851731642425356703_nO vindeiro 4 e 5 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XXI Festa do queixo de San Simón da Costa.

O sábado 4 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Ana Oca concursante de Master Chef Junior, fará un taller de cociña para nenos ás 17.00h na Praza da Constitución o sábado 4 de abril, previa inscrición o mesmo día a partir das 16h.

A lectura do pregón, a cargo de Dona Inés Abril concursante de Top Chef terá lugar ás 19.00h. Posteriormente farase entrega dos premios aos gañadores do VIII concurso de tapas deste ano, e aos gañadores do V Concurso de Carteis.

Domingo día 5 ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución ata ás 15.00h.
Os horarios da Festa do Queixo serán os segintes:

SABADO DÍA 4 de abril de 11:00 h. a 21:00 h.

DOMINGO DÍA 5 de abril de 10:00 h. a 15:00 h.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com