Festa do Queixo de San Simón da Costa

Publicado: Martes 1 Abril 2014
Area: Cultura Eventos

O vindeiro 5 e 6 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XX Festa do queixo de San Simón da Costa.

O sábado 5 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Eva Millán e Fabián León concursantes de Master Chef , farán un taller de cociña para nenos ás 17.00h na Praza da Constitución o sábado 5 de abril.

A lectura do pregón, a cargo de D. Fabían León e Eva Millán finalistas do concurso Master Chef terá lugar ás 19.00h. Posteriormente  farase entrega dos aos gañadores do concurso de tapas deste ano, e aos gañadores  do IV Concurso de Carteis.

Domingo día 6 ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución ata ás 15.00h.
Os horarios da Festa do Queixo serán os segintes:

SABADO DÍA 5 de abril de 11:00 h. a 21:00 h.

DOMINGO DÍA 6 de abril de  10:00 h. a 15:00 h.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com