XVII Feira do Queixo de San Simón da Costa

Publicado: Sábado 2 Abril 2011
Area: Eventos

O vindeiro 2 e 3 de abril celebraráse na Praza da Constitución de Vilalba a 17ª Feira do queixo de San Simón da Costa. O pregoeiro deste acto será D. Samuel Juarez Casado, Conselleiro do Medio Rural. Entre as novidades do programa deste ano están a celebración do I Encontro Gastronómico do Queixo de San Simón da Costa con ponencias e mesa interdisciplinar a cargo de expertos de primeira orde no eido do turismo e da gastronomía. Outra das novidades salientables dentro do programa é a convocatoria dun concurso de carteis no que poderán participar os alumnos de primaria dos centros de Vilalba.  Asemade farase a entrega de premios do 4º Concurso de Tapas.