Feira Multicultural

Publicado: Luns 21 Setembro 2015
Area: Cultura

casetas 3 001A partir do venres 25 de Setembro ata o domingo 4 de Outubro, teremos unha feira multicultural na Praza da Constitución.

Presentaranse produtos de calidade , co obxecto de promover este tipo de feiras para acercar culturas, e dese modo, estimular a curiosidade e admiración do visitante por outros pobos, grazas as pezas dos paises que se exhiben. Nesta ocasión ofrécese unha mostra global de artesanía DO BRASIL , con produtos de diferentes rexións de dito pais .