FEIRA DO CAPÓN

Publicado: Venres 3 Decembro 2010
Area: Cultura Eventos

 Un ano máis, volve polo Nadal a “Feira do Capón” de Vilalba, que nesta ocasión se celebrará o domingo 19 de decembro.

Nesta ocasión cóntase cuns 1.300 exemplares dos 1800 animais censados, xa que como é habitual comercialízanse varias unidades antes da feira. Un total de 63 criadores/as de todo o Concello de Vilalba presentarán os seus capóns, que na súa maior parte son da raza label semipesada, a excepción dun deles que cría a raza autóctona de Mos.

Na praza da Constitución, como é costume, instalarase unha gran carpa  para albergar os capóns. Ademais teremos outros produtos típicos da comarca, como o roscón de Vilalba, o queixo de San Simón da Costa, e outros moitos de gran calidade.

 E poderemos degustar este exquisito manxar, xa que a hostalería vilalbesa colabora coa preparación de tapas a base de capón. Máis de trinta locais participan na súa preparación.

 Toda a xornada estará amenizada por grupos folklóricos locais.

Para consultar o programa, prema Capón