Feira de Artesanía

Publicado: Venres 5 Maio 2017
Area: Eventos

O Concello de Vilalba celebra o próximo 6 e 7 de maio a I Feira de Artesanía, na que representantes de varios oficios instalaranse na Praza da Constitución, onde realizarán demostracións do seu traballo (zoqueiros, cesteiros, torneiros, ferreiros, canteiros, liño, lá, coiro, xoias…)

A apertura da feira terá lugar o sábado día 6 ás 11h. O horario para visitar a Feira será sábado día 6 de 11:00 h. a 22:00h e domingo día 7 de maio de 09:00h a 20:00h.

A Feira de Artesanía participarán en total 30 talleres que expoñerán os seus produtos de diferente índole.

Organiza e colabora: Concello de Vilalba , Concellería de Comercio, Turismo e Medio Ambiente.