Fase final da Liga Galega de Gaitas (LGBBGG)

Publicado: Sábado 30 Xullo 2011
Area: Cultura Eventos

Vilalba acollerá os días 30 e 31 de xullo a fase final da Liga Galega de Bandas de Gaitas (LGBBGG), unha cita que reunirá na capital chairega cerca duns 1.200 músicos un total de 38 bandas de toda Galicia e doutros lugares como Valladolid, Valencia, Barcelona, Madrid, Murcia ou  incluso Portugal.

O acto terá lugar na área recreativa de A Madalena, no campo de entrenamento de herba.

O sábado 30 a competición comeza ás 18.30 horas, coas actuacións das bandas de cuarta categoría e terceira, na que se atopa a banda de Vilalba, que podería ascender a segunda se consegue bos resultados.

O domingo, as probas serán pola maña e nelas compiten as  formacións que están en segunda e en primeira.