Exposición. X Aniversario Escola Municipal de Teatro.

Publicado: Xoves 9 Marzo 2017
Area: Cultura Eventos

A Escola Municipal de Teatro de Vilalba cumpre 10 anos ao longo dos que foi sumando alumnos e alumnas ata chegar aos máis de 40. Este venres 10 de marzo no auditorio municipal a partir das nove terá lugar a inauguración da exposición multidisciplinar que lembrará con pequenas pezas as dez representacións dos seus dez anos.

A mostra, que permanecerá aberta ata finais de mes na sala de exposicións, recolle fotografías das representacións, cartelería e partes da escenografía das pezas representadas.