Exposición Tunisia: unha ollada á cooperación

Publicado: Luns 2 Maio 2011
Area: Cultura Eventos

Exposición “Tunisia: Unha ollada cara a cooperación” organizada pola Asemblea de Cooperación pola Paz Galicia e levada a cabo co apoio da Deputación de Lugo, visualiza a realidade da sociedade tunisiana e o traballo de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) neste país grazas a financiación recibida polo Concello de Lugo. A mostra está composta por  vinte paneis que amosan o traballo realizado dende 1994 en Tunisia, co fin de achegar á sociedade a cultura de Tunisia e permitir un mellor entendemento doutras formas de vida, da súa realidade e da necesidade da cooperación para conseguir sociedades máis xustas.

A exhibición da exposición estará na casa da cultura dende o 2 ao 18 de maio en horario de mañas de 11.00h a 13.00h  de luns a venres e sábado de 11.00ha 13.30h e de tardes de 17.00 a 20.00h, de luns a xoves, venres de 18.00h a 20.00h.