Exposición: Sintiendo el Cáncer.

Publicado: Martes 8 Novembro 2016
Area: Cultura

web-cartelEste venres 11 de novembro ás 20:00h na casa da cultura de Vilalba, inauguración da exposición “Sintiendo el Cáncer” e presentación da “Asociación SOMOS Unidos por el Cáncer”.

A exposición consiste en 14 fotografías sobre a visión positiva e persoal dunha xove doente ( Mirian Vázquez Pérez), que sofre cancro desde fai 9 anos.

Na charla coñeceremos a asociación “SOMOS Unidos por el Cáncer”, quen son, como axudan as persoas que sofren esta doenza, a exposición dun piso de acollida e preguntas que o público asistente queira facer sobre o que aportan a sociedade.

A exposición estará aberta ao público dende o 11 de novembro ao 11 de decembro de 2016.