Exposición: Olladas de Carlos Bóveda

Publicado: Luns 2 Decembro 2013
Area: Cultura Eventos

A nove anos do falecemento do pintor padronés Carlos Bóveda (Padrón, 5 de febreiro de 1933-Santiago, 11 de xullo de 2004), no Concello de Vilalba evocarase a súa figura coa exposición “Olladas de Carlos Bóveda” na Casa dá Cultura.

  A exposición, que será inaugurada o próximo día 5 de decembro do presente ano, e será clausurada o día 9 de xaneiro do 2014, contará coa presenza da viúva do artista desaparecido, e da súa filla.

             Ubicación: Casa da Cultura

Praza Suso Gallos  s/nº – Villalba (Lugo).

Horario: luns a xoves de 11h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h, venres de 11.00h a 13.00h e de 18.00h a 20.00h, e sábados de 11.00h a 13.30h.

Trátase dun conxunto de óleos e debuxos, obras que dan conta da súa evolución artística ao longo da súa vida.