Exposición “O Ciclo da Auga”

Publicado: Venres 26 Outubro 2012
Area: Cultura Eventos

Obradoiro Plástico Tartares, inagura a súa exposición “O ciclo da auga” o vindeiro venres 9 de novembro ás 19.30h  na sala de exposicións do auditorio Carmen Estévez. Expoñen Malena Carballo, Laura Cartamil, Pilar Cartelle, Román Cuadrado, Xulia Marquez, Maricarmen Sendón e Juan Sobrino.

A exposición está composta por cadros de óleos, acrílicos, e con técnicas míxtas  (téxtiles e outros  elementos innovadores nunca utilizados no campo da pintura), e permanecerá aberta o público ata o venres 30 de novembro, en horario de 11h a 14h e de 17h a 22h.