Exposición Mirar con Tacto.

Publicado: Mércores 28 Setembro 2016
Area: Cultura Eventos

cartel-web1A Fundación María José Jove e a Obra Social “La Caixa” elexiron Vilalba como primera parada da exposición itinerante _Mirar conTACTO_ Pintura para Discapacidade Visual, un proxecto expositivo de ambas entidades para promover a integración das persoas con déficit visual e sensibilizar á poboación en xeral, ademáis de satisfacer a demanda cultural de persoas con déficit visual no campo das artes.

Mirar conTACTO_ Pintura para Discapacidade Visual poderá verse na Casa da Cultura desde hoxe ata o 6 de novembro, e ven acompañada dunha completa programación de actividades específicas para tres colectivos: familias, persoas con déficit visual e escolares.

Horario da exposición: de Luns a Venres de 10h a 14h e de 17.30h a 20.30h e Sábados de 10h a 14h.

Xestión de visitas para grupos: 982 510 761.