Exposición Itinerante Manuel María. Beleza, amor e compromiso.

Publicado: Luns 6 Xuño 2016
Area: Cultura

manuelmariaexposicionA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación Manuel María, leva a cabo a exposición divulgativa que mostra de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.

A exposición, comisariada pola Casa-Museo Manuel María, fai un percorrido que a levará ao longo do ano a 13 bibliotecas e concellos da Rede de Dinamización Lingüística das catro provincias galegas.

No concello de Vilalba pode visitarse xa  na casa da cultura ata o mércores día 15 de xuño.

Horario de luns a venres de 11.00h a 13.00h e de 17.30h a 21.00h.

Sábados de 11h a 13.00h.