Exposición Identitas

Publicado: Mércores 6 Abril 2011
Area: Cultura Eventos

Exposición de obras do grupo  artístico 20º-65, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos IESCHA, dende o día 2 ao 30 de abril,na sala de exposicións do auditorio Carmen Estévez en horario de 12.00h a 14.00h e de 17.00h a 23.00h todos os días , inclusive os fins de semana.

Esta primeira exposición do colectivo, IDENTITAS toma a identidade como liña temática, unha identidade que é dialóxica, un constante construírse no tempo e en diálogo cos outros, coas circunstancias externas e co propio interior. Identidade como recordo, como experiencia, como fisura, como destrucción e reiterada reconstrución. Identidade como afincamento xeográfico, como un camiño aberto a múltiples direccións, como imaxe no espello, un símbolo da conciencia, un eco da realidade.

Colectivo 20º65, obras de : Beatriz Suárez Saá, Silvia Capelo, Paz Vicente, Basilisa Fiestras, Paula Cabaleiro, Magatzem 909 MC, Lidia Costa, Carolina Caluori, e Carmen Cabaneiro.