Exposición Gráfica: “Cartas de amor: 14 artistas contra a violencia de xénero”

Publicado: Martes 17 Febreiro 2015
Area: Eventos

Dende mañá, día 17 de febreiro, poderá visitarse na Casa da Cultura unha Exposición Gráfica de Ilustracións titulada “CARTAS DE AMOR: 14 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, que permanecerá aberta ao público ata o 2 de marzo, data na que se clausurará coa impartición de dous Obradoiros prácticos explicativos sobre a mostra, nos que participará alumnado dos IES Basanta Silva e Lois Peña Novo de Vilalba e que serán impartidos por Gloria Serrato.

Esta actividade enmárcase dentro das actividades que a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias ofertan ós concellos adheridos á Rede de Municipios Galegos contra a violencia de xénero, da que o Concello de Vilalba forma parte.