Exposición “Expresións” de Carmen Mato

Publicado: Mércores 23 Agosto 2017
Area: Cultura Eventos

Exposición de pintura da vilalbesa Mª Carmen Gómez Mato na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba. A mostra leva por nome EXPRESIÓNS e confórmana un total de 44 cadros ao óleo sobre distintos materiais: lenzo, tabla, aglomerado ou madeira.

A temática dos cadros é variada, estruturándose en sete apartados: andaluzas, mariñas, abrazos, bodegón, Vilalba, rostros e expresións.

A exposición permanecerá aberta dende o día 25 de agosto ata o 25 de setembro de 2017, ambos inclusive, podéndose visitar dentro do horario estipulado polo propio Auditorio.

A data de inaguración será, o venres 25 de agosto ás 20:30h.

Organiza : IESCHA

Colabora: Concello de Vilalba