Exposición de Pintura e Cerámica.

Publicado: Mércores 22 Agosto 2012
Area: Cultura Eventos

A artista lucense Xedes Peón expón xunto as súas últimas obras realizadas,unha mostra retrospectiva do seu traballo.

A mostra está composta por pinturas ao óleo, cadros abstractos realizados con pintura acrílica e unha pequena mostra da cerámica que caracteriza a esta autora. Entre elas sobresaen dúas pezas pertencentes á serie de deusas celtas. 

A exposición que permanecerá aberta do 15 de agosto ao 15 de setembro, na Casa da Cultura.

Horario da exposición:

__en agosto:de luns a sábado de 10.30h a 13.30h.

__en setembro: de luns a venres de 11.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h.

                                  Sábados de 11.00h a 13.30h.