Exposición de Pintura

Publicado: Venres 1 Xuño 2012
Area: Cultura Eventos

Do 1 ao 30 de xuño, exposición de pintura colectiva de Inés Mª Fernández Blanco, Alfonso Tembrás Fernández e Mª Jose Fernández Fraga na sala de exposicións do Auditorio Carmen Estévez en horario de 11h a 14h e de 17h a 22h.

A mostra está composta por varias obras de pintura ao óleo, tratándose varios temas, desde paisaxes e flores a cubismos e bodegóns.

O acto de inauguración da exposición terá lugar o venres 1 ás 20.30h.