Exposición de fotografía artística: 9 Meses.

Publicado: Luns 17 Xullo 2017
Area: Cultura Eventos

Entre o 21 de Xullo e o 5 de Agosto realizarase a primeira exposición fotográfica do fotógrafo Vilalbés Alejandro Barrio García, titulada “9 MESES”, a mostra consta de 20 imaxes que fusionan a fotografía artística contemporánea e minimalista, coa cal o autor busca facer unha representación máis alá da mera realidade aparente influenciado polo estado anímico no instante da toma fotográfica, a exposición combina diferentes soportes como é a película fotográfica e a fotografía dixital.

Inauguración o venres 21 de xullo ás 21:00h

Lugar: Auditorio Carmen Estévez.

Horario da exposición:   

Luns a venres: 11h a 14h e 16h a 21h 

Sábados: 11h a 14h e 16h a 21h