Exposición de debuxo e pintura de Isabel Pardo

Publicado: Martes 3 Outubro 2017
Area: Cultura Eventos

Exposición de debuxo e pintura, no Auditorio Municipal de Vilalba con traballos da artista chairega Isabel Pardo Martínez, alumna de 4º de ESO no IES Basanta Silva.
A exposiciónA exposición confórmana 26 obras de debuxo -con técnicas de carbonciño ou lapis- e pintura -óleos, principalmente-.
A debuxante e pintora escribe así sobre o seu traballo:
Debuxo para ver música e escoitar pintura.
Debuxo para estar con aqueles cos que non poido estar.

Debuxo para evocar ese arrecendo un pouco doce, un pouco amargo; un pouco a pechado e un pouco a mar aberto.
Debuxo para contar segredos inconfesablemente reais, porque iso salva dunha morte a distancia, a distancia entre a mente e a vida.
Debuxo para separar a razón da parte que me incumbe. Para non correr en círculos humanos.
O problema chegará o día no que descubra que debuxar non me salva do mundo, senón que me salva de min mesma.”

A data de inaguración será, o venres día 6 de outubro de 2017, ás 20:30h.

Organiza: IESCHA

Colabora: Concello de Vilalba