Exposición Colectiva “José Luis Alvariño”

Publicado: Venres 17 Agosto 2012
Area: Cultura Eventos

A asociación artístico-cultural “MESTURAS”, de Narón, leva a cabo a exposición multidisciplinar que inaugurarase o día 17 de agosto, ás 20:00 horas, na sala “Carmen Estevez”. A mostra artística poderase visitar desde o próximo venres 17 ata o 7 de Setembro en horario de 11h a 14h e de 17h a 22h.

 Exporanse obras de distinta natureza: pinturas, fotografía, cerámica, vidro, taracea; todas elas de artistas socios de MESTURAS.

 Con esta exposición, os membros da Asociación artístico cultural MESTURAS queren render un sentido homenaxe ao artista naronés recen falecido, José Luis Alvariño Teijeiro, vicepresidente da asociación.