Exposición: “Catro Médicos pola Chaira”

Publicado: Xoves 18 Decembro 2014
Area: Cultura Eventos

O venres 19 de decembro na Casa da Cultura terá lugar ás 20.00h a inauguración da mostra pictórica “Catro médicos pola Chaira”. Esta exposición recolle traballos de catro galegos nados na provincia de Lugo e vinculados a estas terras. Leopoldo García Méndez, Pablo Galego Feal, Jesús Vázquez Gallego e Tino Cuesta compoñen este grupo de médicos lucenses unidos pola creatividade e a paixón polos pinceis.

Esta exposición permanecerá aberta ao público desde o 19 de decembro de 2014 ao 16 de xaneiro de 2015, no horario habitual da Casa da Cultura.